DE TOP MODEL AREA CENTRAL DIRECTOS Á PASARELA CIBELES

Santiago, 26 de setembro de 2008 - Os participantes do concurso Top Model Area Central, Pete Seijo (primeiro finalista na edición de 2007), José Álvarez (premio accésit en 2007 e participante no programa de televisión Supermodelo) e Xaquín Castro (primeiro finalista en 2008) desfilaron con roupa da deseñadora María Lafuente na Pasarela Cibeles Madrid Fashion Week 2008.

 

LUCÍA ESPIÑO E RUDY LAMAS, GAÑADORES DE TOP MODEL AREA CENTRAL 2008

Santiago, 12 de maio de 2008 - A moza de 19 anos e natural de Sobrado dos Monxes, Lucía Espiño, e Rudy Lamas, de 27 anos e procedente do concello de Ames, resultaron vencedores o pasado sábado, 10 de maio, da sétima edición do concurso Top Model Area Central, o que lles convirte na nova imaxe do complexo comercial durante un ano. 
O xurado, composto por directivos do complexo comercial e representantes de diferentes medios de comunicación e que contou coa participación estrela da xornalista Lydia Lozano, elixiu como primeiros finalistas á estudante santiaguesa de 19 anos, Carla Taboada, e ao mozo de Muxía, Xaquín Castro. Ademais e ao igual que os gañadores e os segundos clasificados, Roberto Casal e Carla Lorenzo tamén realizarán un book fotográfico e recibirán un curso de modelaxe na axencia de modelos de Dolores Couceiro.
No transcurso dun gran espectáculo musical, a gala, conducida por Álvaro Veiga, contou coa participación de 29 concursantes candidatos (15 chicas e 14 chicos) que desfilaron con roupa e complementos de Don Vaquero, Surf Factory-Persuasión, Araújo Piel e Toxo.
A gala final de Top Model Area Central contou cun amplo seguemento, reunindo a centos de persoas nos corredores da planta baixa e da planta primeira do centro comercial que non quixeron perderse a oportunidade de vivir en directo a elección dos gañadores do concurso, Lucía Espiño e Rudy Lamas, que veñen a sustituír a Sandra González e Pietro Ditano, vencedores da pasada edición de Top Model Area Central.


SELECCIONADOS PROVISIONAIS PARA DESFILAR NA FINAL DE TOP MODEL AREA CENTRAL

Santiago, 6 de maio de 2008 - Podes consultar, a continuación, o listado cos nomes dos mozos e mozas seleccionados polo xurado do certame Top Model Area Central para participar na gran gala final do concurso que terá lugar o vindeiro sábado, 10 de maio, a partir das 20.00 horas no escenario principal.

Os nomes dos 29 afortunados son Noemí Fernández, Fany Dopazo, Fany Rodeiro, Alberto Jamardo, Pablo López, Lorena Sánchez, Diego Barbazán, Roberto Casal, Rudy Lamas, Daniel Mato, Vanesa Aguión, Nuria Couselo, José Trigo, Carla Lorenzo, Alberto Brancano, Natalia Martínez, Rubén Outeda, Lucía Alcántara, Tomás Fernández, Armando Sabarís, Lucía Espiño, Cristina Romero, Xaquín Castro, Abel Sánchez, Óscar Rodríguez, Natalia García, Sandra Rodríguez, Carla Taboada e Inés Aresmín.


LYDIA LOZANO, XURADO ESTRELA NA FINAL DE TOP MODEL AREA CENTRAL

Santiago, 5 de maio de 2008 - A final da sétima edición de Top Model Area Central, que se celebra este sábado 10 de maio, recibirá como membro estrela do xurado á xornalista e colaboradora de televisión Lydia Lozano, que axudará a elixir os dous mozos que se convertirán na imaxe de Area Central durante un ano. Dentro dunha espectacular gala, que comezará este sábado ás 20:00 horas, os concursantes finalistas irán desfilando pola pasarela do escenario principal de Area Central, ao mesmo tempo que dan a coñecer as propostas para a nova tempada primavera-verán dos establecementos do complexo comercial Araújo Piel, Toxo, Base: Centro Deportivo e Don Vaquero. No transcurso deste último desfile, os integrantes do xurado, entre eles a famosa xornalista, varios representantes de Area Central e da axencia de publicidade organizadora do evento Multimedia Ideas, ademais da modelo Dolores Couceiro e profesionais de medios de comunicación, darán a coñecer os nomes dos parella gañadora que sucederán aos vencederos de Top Model Area Central 2007, Sandra González e Pietro Ditano.


LISTADO PROVISONAL DE SELECCIONADOS PARA O SEGUNDO DESFILE DE TOP MODEL AREA CENTRAL 2008

Santiago, 29 de abril de 2008 - Presentamos, a continuación, o listado provisional dos xóvenes seleccionados para participar no segundo desfile de Top Model Area Central, que se celebrará o vindeiro sábado 3 de maio, ás 20.00 horas, no escenario principal de Area Central.
Velaquí os seus nomes: Antonio Ramos, Juana Pardal, Carla Lorenzo, Natalia Martínez, Lucía Calviño, Rubén Outeda, Alberto, Cristina Varela, Lucía Alcántara, Tomás Fernández, Roberto Iglesias, Roberto Esparís, Ana María Carreira, Carla Taboada, Sandra Rodríguez, Estefanía Rodríguez, Eva Mª López, Inés Arestín, Jennifer Mejuto, Natalia García, Óscar Miguel Rodríguez, Abel Sánchez, Eva Martínez, Silvia Blanco, Xaquín Castro, Cristina Romero, Sonia Pose, Ariadna García, Alba Duro, Tania Piñeiro, Lucía Espiño e Marcos Steven Fernández.


LISTADO PROVISONAL DE SELECCIONADOS PARA O PRIMEIRO DESFILE DE TOP MODEL AREA CENTRAL 2008

Santiago,17 de abril de 2008 - Consulta, a continuación, o listado provisional dos xóvenes seleccionados para participar no primeiro desfile de Top Model Area Central, que se celebrará o vindeiro sábado 26 de abril, ás 20.00 horas no escenario principal de Area Central.
Son os seguintes: Estefanía Dopazo, Keli González, Patricia Orza, Fany Rodeiro, Noemí Fernández, David Mazo, Roberto Buján, Milena Villar, Armando Sabarís, Xaquín Castro, Hugo Díaz, Pablo López, Miriam Mayo, Lorena Sánchez, Roberto Casal, Diego Barbazán, Rudy Lamas, Suse Raquel, Manuel Antonio García, José Trigo, David Diéguez, Laura López, Nuria Couselo, Ainhoa Cabada, Maira Yessenia, Beatriz Carballido, Brais Villas y Kely Torres.


ÉXITO DE ASISTENCIA NO ÚLTIMO CASTING DE TOP MODEL AREA CENTRAL

Santiago,14 de abril de 2008 - O pasado venres, 11 de abril, Area Central celebrou o último dos castings para elixir aos homes e mulleres que desfilarán na pasarela de Top Model Area Central 2008 os vindeiros días 26 de abril e 3 de maio. Esta última proba de selección contou cun gran número de asistentes, preto de oitenta, que non quixeron perder esta última oportunidade para optar a ser a nova imaxe de Area Central durante un ano e que se unen ao resto dos interesados que participaron nos castings celebrados en varias discotecas de toda Galicia.

Nos vindeiros días, a organización chamará aos rapaces seleccionados e informaralles do seu paso á seguinte fase eliminatoria. Ademais, proximamente poderase consultar nesta mesma web o listado dos participantes do primeiro desfile, que terá lugar o sábado, 26 de abril, ás 20:00 horas.


ESTE VENRES, ÚLTIMA OPORTUNIDADE PARA PARTICIPAR EN TOP MODEL AREA CENTRAL 2008

Santiago,7 de abril de 2008 - Todos os mozos e mozas que queiran probar sorte no mundo da moda teñen unha última oportunidade para participar no certame de Top Model Area Central 2008. Este venres 11 de abril, a partir das 18.00 horas, na esquina azul da planta primeira do complexo comercial celebrarase a última das probas de selección para participar nesta sétima edición do certame.
Así remata a fase de selección dos rapaces que participarán nos desfiles do concurso despois de que nestas últimas semanas discotecas e pubs de varias cidades galegas acolleran varias probas de selección. Os interesados que queiran inscribirse neste último casting ou obter máis información sobre o concurso, poden chamar ao teléfono 981.58.44.95.

Visita as bases do concurso para ter máis información.

COMEZAN OS CASTINGS PARA ELIXIR OS CANDIDATOS PARA PARTICIPAR EN TOP MODEL AREA CENTRAL 2008

Santiago, 6 de marzo de 2008 - Discotecas e pubs de Melide, A Coruña, Ordes e Vigo xa están acollendo probas de selección para concursar na sétima edición de Top Model Area Central. Todos os mozos e mozas poden participar nesta nova edición deste concurso que serve para elixir aos dous mozos que serán a imaxe de Area Central ao longo dun ano.

PETE SEIJO, PRIMEIRO FINALISTA DE TOP MODEL AREA CENTRAL 2007, DESFILOU EN BURGOS TRAS O SEU PASO POR CIBELES

Santiago, 5 de marzo de 2008 - Pete Seijo, primeiro finalista do concurso Top Model Area Central de 2007 vén de participar como modelo da axencia Dolores Couceiro na prestixiosa Pasarela CYL de Burgos. Este novo traballo como modelo chégalle despois de ter desfilado na pasarela Cibeles deste ano con prendas da diseñadora María Lafuente.

DE PRIMEIROS FINALISTAS EN TOP MODEL AREA CENTRAL Á PASARELA CIBELES DESTE ANO

Santiago, 14 de febreiro de 2008 – Hugo Gómez, segundo clasificado en Top Model Area Central en 2006, e Pete Seijo, que soamente foi superado por Pietro Ditano na edición do pasado ano, desfilarán na pasarela Cibeles deste ano con roupa da modista María Lafuente. Con esta participación nunhas das pasarelas de moda máis importantes de España, os dous concursantes de Top Model continúan a súa carreira de modelaxe comezada en Area Central.

O CONCURSO TOP MODEL AREA CENTRAL, MELLOR INICIATIVA DE 2007

Santiago, 28 de xaneiro de 2008 – O certame de modelos Top Model Area Central resultou elexido a semana pasada como a mellor iniciativa de 2007 nunha enquisa realizada polo xornal gratuito de Compostela, Santiago Siete. O certame de moda acadou un 32,6 por cento das votacións dos lectores desta publicación, diante do simposio Pobre Mundo Rico, a implantación de serenos no Ensanche e de Expo Vivenda Milladoiro. Con este premio, Top Model reafirma a súa gran acollida e prestixio entre os habitantes de Santiago de Compostela.

NOELIA BARREIRO, REPRESENTANTE DE A CORUÑA PARA O CONCURSO DE BELEZA DE MISS ESPAÑA

Santiago, 8 de xaneiro de 2008 – A estudiante de 21 anos, Noelia Barreiro, natural de Santiago de Compostela, resultou elixida a pasada semana como representante da provincia de A Coruña para o concurso de beleza de Miss España, que se celebrará nos vindeiros meses. Noelia Barreiro participiou en dúas ocasións no concurso de Top Model Area Central, chegando a quedar en segunda posición na edición do 2005.