COMEZAN OS CASTINGS PARA ELIXIR OS CANDIDATOS PARA PARTICIPAR EN TOP MODEL AREA CENTRAL 2008

Santiago, 6 de marzo de 2008 - Discotecas e pubs de Melide, A Coruña, Ordes e Vigo xa están acollendo probas de selección para concursar na sétima edición de Top Model Area Central. Todos os mozos e mozas poden participar nesta nova edición deste concurso que serve para elixir aos dous mozos que serán a imaxe de Area Central ao longo dun ano.

PETE SEIJO, PRIMEIRO FINALISTA DE TOP MODEL AREA CENTRAL 2007, DESFILOU EN BURGOS TRAS O SEU PASO POR CIBELES

Santiago, 5 de marzo de 2008 - Pete Seijo, primeiro finalista do concurso Top Model Area Central de 2007 vén de participar como modelo da axencia Dolores Couceiro na prestixiosa Pasarela CYL de Burgos. Este novo traballo como modelo chégalle despois de ter desfilado na pasarela Cibeles deste ano con prendas da diseñadora María Lafuente.

DE PRIMEIROS FINALISTAS EN TOP MODEL AREA CENTRAL Á PASARELA CIBELES DESTE ANO

Santiago, 14 de febreiro de 2008 – Hugo Gómez, segundo clasificado en Top Model Area Central en 2006, e Pete Seijo, que soamente foi superado por Pietro Ditano na edición do pasado ano, desfilarán na pasarela Cibeles deste ano con roupa da modista María Lafuente. Con esta participación nunhas das pasarelas de moda máis importantes de España, os dous concursantes de Top Model continúan a súa carreira de modelaxe comezada en Area Central.

O CONCURSO TOP MODEL AREA CENTRAL, MELLOR INICIATIVA DE 2007

Santiago, 28 de xaneiro de 2008 – O certame de modelos Top Model Area Central resultou elexido a semana pasada como a mellor iniciativa de 2007 nunha enquisa realizada polo xornal gratuito de Compostela, Santiago Siete. O certame de moda acadou un 32,6 por cento das votacións dos lectores desta publicación, diante do simposio Pobre Mundo Rico, a implantación de serenos no Ensanche e de Expo Vivenda Milladoiro. Con este premio, Top Model reafirma a súa gran acollida e prestixio entre os habitantes de Santiago de Compostela.

NOELIA BARREIRO, REPRESENTANTE DE A CORUÑA PARA O CONCURSO DE BELEZA DE MISS ESPAÑA

Santiago, 8 de xaneiro de 2008 – A estudiante de 21 anos, Noelia Barreiro, natural de Santiago de Compostela, resultou elixida a pasada semana como representante da provincia de A Coruña para o concurso de beleza de Miss España, que se celebrará nos vindeiros meses. Noelia Barreiro participiou en dúas ocasións no concurso de Top Model Area Central, chegando a quedar en segunda posición na edición do 2005.