Santiago, 26 de setembro de 2008
- Os participantes do concurso Top Model Area Central, Pete Seijo (primeiro finalista na edición de 2007), José Álvarez (premio accésit en 2007 e participante no programa de televisión Supermodelo) e Xaquín Castro (primeiro finalista en 2008) desfilaron con roupa da deseñadora María Lafuente na Pasarela Cibeles Madrid Fashion Week 2008. Ademais, o actual vencedor de Top Model Area Central e imaxe do centro comercial durante este ano, Rudy Lamas, viaxou tamén a Madrid pero quedouse ás portas de desfilar para María Lafuente, mantendo as súas opcións ata o último momento.
Con esta participación, o lucense Pete Seijo continúa así a súa meteórica carreira despois de ter desfilado xa na pasarela de Madrid o pasado ano e de ter vestido prendas de prestixiosas firmas de fama mundial, entre elas Prada, na cidade da moda por excelencia: Milán. A presencia de Xaquín Castro, de Muxía, e do vigués José Alvárez na pasarela Cibeles convértese no seu debut nas pasarelas internacionais.
O desfile destes tres modelos na Pasarela Cibeles únese aos traballos como modelos doutros xóvenes que tamén concursaron en Top Model Area Central, dato que non fai máis que constatar as oportunidades reais que ofrece este certame para os mozos e mozas que queren abrirse camiño no mundo da imaxe e da pasarela. |