|
Santiago, 15 de xaneiro de 2010
-A moza santiaguesa de 21 anos, Carla Taboada, resultou elixida como Miss Lugo e representará a esta provincia no vindeiro concurso de Miss España. Así mesmo, o mozo natural do concello de Boqueixón e de 24 anos Roberto Casal tamén foi o afortunado de ser elixido Míster Lugo e, do mesmo xeito, acudirá a Míster España representando esta provincia galega.
Estes dous mozos participaron en varias ocasións en Top Model Area Central. En 2008, o xurado deste cetame que organiza Area Central elixiu a Carla como primeira finalista, mentres que Roberto acadou o premio accésit, tamén en 2008, un galardón especial concedido pola modelo Dolores Couceiro.
|