BEGANO – COCA-COLA, HOTEL BALNEARIO COMPOSTELA E GRUPO PALLADIUM, COLABORADORES DE TOP MODEL AREA CENTRAL 2010

Santiago, 14 de abril de 2010 – Top Model Area Central 2010 quere agradecer a axuda de varios colaboradores cos que conta para o desenvolvemento do concurso e que fan posible o gran éxito e a ampla repercusión que acada cada edición ano tras ano.

Por unha banda, xa dende hai varios anos Begano – Coca Cola ofrece unha moi importante colaboración a Top Model Area Central, aportando as augas e os refrescos que a organización e os concursantes necesitan durante o transcurso do certame, tanto nos ensaios como nos desfiles.

Por terceiro ano consecutivo, o Hotel Balneario Compostela, situado en Brión, colaborará con Top Model Area Central 2010 agasallando aos gañadores e aos primeiros finalistas cun tratamento completo de beleza para cada un nas súas instalacións.

Ademais, como novidade, este ano incorpórase como colaborador a Top Model Area Central o Grupo Palladium, formado pola discoteca Palladium e os pubs Laycus e Zerox de Melide e dirixido polo gañador de Top Model Area Central 2007, Miguel Castro. O Grupo Palladium obsequiará aos gañadores de Top Model Area Central 2010 con entradas e a estancia en Valladolid para asistir ao Festival Latino 2010 no que actuarán, entre outros, os cantantes Chayanne, David Bisbal, Marc Anthony e Paulina Rubio.

Dentro da propia organización do concurso, Top Model Area Central conta co traballo da axencia de comunicación Multimedia Ideas, encargada da coordinación e promoción do concurso, e con Dolores Couceiro, directora da axencia de modelos que leva o seu nome, que actúa como xurado e conselleira dos concursantes.