A IX EDICIÓN DE TOP MODEL AREA CENTRAL COMEZA EN MARZO COA CAPTACIÓN DE PARTICIPANTES

Santiago, 23 de febreiro do 2010 – Marzo será o mes no que a organización da novena edición do concurso Top Model Area Central comezará a visitar discotecas e pubs de varias cidades galegas para captar a futuros participantes dunha nova edición deste certame, que celebrará os seus desfiles no mes de abril en Area Central. Ademais, o casting que Area Central celebra nas súas instalacións terá lugar o venres 26 de marzo.

Estade moi atentos a esta web para ter toda a información actualizada e detallada sobre o desenvolvemento do concurso Top Model Area Central. Tamén podedes contactar coa organización no teléfono 981.58.44.95 ou a través do email topmodel@multimediaideas.com.