|
Santiago, 13 de xullo de 2009
- Con un total de 2.546 votos, o gañador de Top Model Area Central 2008, Rudy Lamas, resultou elixido como o terceiro galego famoso máis guapo nunha enquisa que gañou o actor Mario Casas (3.702 votos) e na que tamén o actor Martín Rivas ocupou o segundo lugar (3.425 votos).
O modelo Rudy Lamas, que foi imaxe de Area Central tras o seu triunfo no concurso Top Model de 2008, competía con outros galegos coñecidos como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que ocupou a cuarta posición con 2.250 votos, ou o presentador Jesús Vázquez, que quedou en quinto lugar con 2.180 apoios. Os votos foron recollidos entre os visitantes do portal.www.galiciagay.es. |