|
Santiago, 20 de abril de 2009 - Area Central dará a coñecer este sábado, 25 de abril, o nome da parella gañadora do seu concurso “Top Model Area Central 2009”, un mozo e unha moza que se converterán na imaxe do complexo comercial durante un ano nas súas campañas de rebaixas e do propio concurso.
No transcurso da gran gala final, que comezará este sábado ás 20:00 horas, os máis de trinta concursantes finalistas desfilarán pola pasarela do escenario principal de Area Central, ao mesmo tempo que dan a coñecer as propostas para a nova tempada primavera-verán dos establecementos do complexo comercial Alcampo, Area Interior, Mercería Carmen, Surf Factory e Toxo.
No transcurso deste último desfile, os integrantes do xurado, entre os que se atopan varios representantes de Area Central e da axencia de publicidade Multimedia Ideas, ademais da modelo Dolores Couceiro e profesionais de medios de comunicación, darán a coñecer o nome da parella gañadora que sucederán aos vencederos de Top Model Area Central 2008, Lucía Espiño e Rudy Lamas. |