O VENRES, 27 DE MARZO, CASTING DE TOP MODEL EN AREA CENTRAL

Santiago, 16 de marzo de 2009 - Todos os mozos e mozas que queiran probar sorte no mundo da moda e a imaxe teñen unha oportunidade para participar no certame de Top Model Area Central 2009. O venres 27 de marzo, a partir das 18.00 horas, na esquina azul da planta primeira do complexo comercial terá lugar a proba de selección para participar nesta oitava edición do certame.
Os interesados que queiran participar neste casting ou obter máis información sobre o concurso, poden consultar as bases do concurso ou chamar ao teléfono 981.58.44.95.