ESTE VENRES, ÚLTIMA OPORTUNIDADE PARA PARTICIPAR EN TOP MODEL AREA CENTRAL 2008

Santiago,7 de abril de 2008 - Todos os mozos e mozas que queiran probar sorte no mundo da moda teñen unha última oportunidade para participar no certame de Top Model Area Central 2008. Este venres 11 de abril, a partir das 18.00 horas, na esquina azul da planta primeira do complexo comercial celebrarase a última das probas de selección para participar nesta sétima edición do certame.
Así remata a fase de selección dos rapaces que participarán nos desfiles do concurso despois de que nestas últimas semanas discotecas e pubs de varias cidades galegas acolleran varias probas de selección. Os interesados que queiran inscribirse neste último casting ou obter máis información sobre o concurso, poden chamar ao teléfono 981.58.44.95.

Visita as bases do concurso para ter máis información.