-Obxectivos
-Probas de selección e desfiles
-A gala final
-Gañadores e outros concursantes
-O xurado

Obxectivos

 O concurso de moda TOP MODEL AREA CENTRAL naceu no ano 2002 cun triple obxectivo que cumprir:

1º - Busca dos dous rostros que serán a imaxe durante un ano das campañas de publicidade de rebaixas e do propio concurso de Area Central. Anteriormente esta función cumpríaa as modelos profesionais Sofía Mazagatos e Esther Arroyo, que deron paso a homes e mulleres descoñecidos cun gran potencial que precisaban un empuxón no mundo das pasarelas, da fotografía e da imaxe.

 

2º - Dar unha oportunidade aos rapaces interesados no mundo da moda para darse a coñecer nun lugar como Galicia, no que escasean os certames deste estilo onde poder descubrir novas caras das pasarelas. Lonxe dos requisitos que outros concursos buscan entre os candidatos, corpos esculturais e exuberantes, Top Model Area Central busca e valora nos participantes outras calidades, como estilo, personalidade e simpatía.

3º - Os establecementos de Area Central amosan as súas novidades e últimas tendencias en moda e complementos para a tempada primavera-verán. Por iso, os mozos e mozas que participan nos desfiles van vestidos cos traxes cedidos polos propios establecementos que conforman Area Central.

 

Baixo estas premisas naceu TOP MODEL AREA CENTRAL na primavera do 2002. Dende entón, abril e maio son os meses da moda en Santiago de Compostela.

Probas de selección e desfiles 

O interese por este concurso entre os mozos fíxose patente xa dende a celebración da primeira edición, que contou cunha importante cantidade de participantes, cifra que edición tras edición non fixo máis que aumentar ata superar o medio millar de xoves inscritos nos castings que serven para seleccionar aos participantes que desfilarán na pasarela de Area Central. A día de hoxe, TOP MODEL AREA CENTRAL está consolidado como o máis importante concurso de modelaxe que promove unha entidade privada das características de Area Central.

A partires do terceiro ano, no 2004, as probas de selección trasladáronse a discotecas e pubs de varias cidades galegas, como A Coruña, Ordes ou Vigo; sinal de que este concurso ten superado as barreiras locais ao acadar un interese e unha repercusión máis alá de Santiago e contar todas as edicións con concursantes das catro provincias galegas.

Tras as probas de selección en diferentes cidades galegas, o período dos castings péchase co derradeiro deles que sempre se celebra nas propias instalacións de Area Central. Esas probas de selección serven para escoller arredor dos 80 concursantes que desfilarán pola pasarela de Area Central coas prendas e complementos cedidos polos establecementos do centro comercial.

Cabe subliñar o gran esforzo económico e loxístico que realiza a organización do concurso para levar a cabo cada edición. Para iso, conta ademais cunha destacada axuda por parte de entidades colaboradoras: a axencia de modelos Dolores Couceiro e a axencia de comunicación integral Multimedia Ideas. Por outra banda, medios de comunicación de todos os ámbitos (prensa, radio e televisión) fanse eco, a través de entrevistas e reportaxes, de cada un dos desfiles e, especialmente, da gala final do evento, a cal chega a congregar preto de dous mil persoas que a seguen en directo en Area Central. Ademais, na semana previa á gala final, varias emisoras de radio trasládanse a Area Central para emitir algúns dos seus programas, nos que o concurso TOP MODEL AREA CENTRAL convértese no eixe central e protagonista do espazo radiofónico.


 

Gañadores e outros concursantes

 

Ana Múgica e David Brea foron os gañadores da primeira edición de TOP MODEL AREA CENTRAL, conseguindo un book fotográfico e un curso de modelaxe na axencia de modelos Dolores Couceiro, e comezando a súa carreira no mundo da imaxe, pasarela e fotografía, ao igual que o resto dos gañadores das seguintes edicións deste certame.

Outros concursantes, a pesar de non gañar o certame, comezaron en Area Central a súa próspera carreira no mundo da imaxe e das pasarelas, o que demostra as posibilidades reais que este certame brinda aos seus participantes. Entre eles, está Noelia Barreiro, finalista na cuarta edición de Top Model e participante en Linda de España 2005, representando a provincia de A Coruña. En 2008 participará en Miss España como representante da mesma provincia; ou Xosé Francisco Rodríguez, segundo clasificado en 2005 e representante de Ourense en Míster España 2007.

Tamén Hugo Gómez, que tras ser segundo clasificado en TOP MODEL AREA CENTRAL no 2006, resultou elixido primeiro finalista no concurso de Míster España 2007 representando a provincia de A Coruña. Entre os concursantes do 2007, cabe destacar a carreira de Danisa Barca, que pasou de ser segunda clasificada en Top Model Area Central a representante galega na final do certame Pelo Pantene e, en especial a de Paola Ditano, finalista en 2007 e irmá do vencedor do certame dese mesmo ano, quen participou no concurso de cadea estatal Cuatro “Supermodelo”. O finalista do 2007, Pete Seijo, desfilou na pasada edición da pasarela Cibeles en Madrid coa modista María Lafuente.

 

Relación dos gañadores do concurso Top Model Area Central:

 

Edición 2002: Ana Múgica

                          David Brea

Edición 2003: María Mera

                          Eugenio Bravo

Edición 2004: Cristina Mos

                          Pablo Liñares

Edición 2005: Susana Saqués

                           Miguel López

Edición 2006: Casandra López

                           Miguel Castro

Edición 2007: Sandra González

Pietro Ditano

 

A gala final

O desfile final celébrase dentro dunha gran gala que conta coa asistencia dos principais medios de comunicación galegos máis importantes. Televisións, radios, xornais e magazines acuden ao que xa é unha das grandes citas da pasarela do noroeste español. A presenza de expertos no mundo da moda e da pasarela, persoas do mundo do cuore e participantes e gañadores de anteriores edicións fan que se respire glamour durante todo ese día en Area Central. Centos de persoas agólpanse dende primeira hora da tarde para conseguir unha boa localización coa finalidade de poder ver a gala final, composta ademais por actuacións musicais e espectáculos varios.

Os gañadores acabarán o certame cunha campaña de publicidade debaixo dos brazos, converténdose en imaxe do centro comercial e do propio concurso durante un ano. A súa imaxe incluirase na cartelería do centro comercial, en varios mupis do centro da cidade de Santiago e anuncios en prensa nas campañas de rebaixas de inverno e verán de Area Central.

Todos os mozos e mozas finalistas disfrutan dunha xornada inesquecible que ten o seu broche final no cocktail privado que se fai ao remate do concurso coa presenza de medios, personalidades e outros invitados.

 

O xurado

 

Tanto nos desfiles como na gala final, o xurado está composto por membros directivos de Area Central, da axencia de comunicación Multimedia Ideas e a axencia de modelos representada pola directora Dolores Couceiro e por representantes dos principais medios de comunicación de Santiago de Compostela. Ademais, dende a edición de 2005 a organización optou por elixir como un dos integrantes do xurado da gala final a unha personaxe coñecida do mundo da televisión e do corazón.