Para coñecer aos gañadores das pasadas edicións de Top Model Area Central, pincha na dereita os seus nomes.

Comprobarás as posibilidades reais que Top Model Area Central brinda aos seus vencedores para participar en variadas e importantes pasarelas como modelos da prestixiosa axencia Dolores Couceiro. Así, moitos deles comezaron a súa próspera carreira centrada nas pasarelas e na imaxe tras o seu paso por Area Central.

Outros concursantes, a pesar de non resultar vencedores, tamén aproveitaron esta oportunidade para abrirse camiño no mundo da imaxe e a fotografía.


Ana Múgica, gañadora da primeira edición de Top Model Area Central, foi portada da revista internacional Vogue.


Tres ser finalista na edición de 2007, Paola Ditano foi unha das concursantes do programa de televisión Cuatro “Supermodelo”.

Hugo Gómez resultou elixido primeiro finalista na edición de 2006 de Top Model Area Central. En 2007, tamén foi o primeiro finalista do concurso de Míster España como representante da provincia de A Coruña.