O santiagués con orixes italianas, Pietro Ditano, venceu con 18 anos a sexta edición de Top Model Area Central. Este premio serviulle para participar en varios desfiles de Galicia e ser unha das figuras emerxentes na actualidade nas pasarelas galegas. Tamén pertence á prestixiosa axencia de modelos Maroe Management.