Top
Model Area Central celébrase nos meses de abril e maio
co obxectivo de seleccionar o mozo e a moza que serán a
imaxe durante un ano de Area Central na súa campaña
de rabaixas de verán e inverno e do propio concurso Top
Model. Ao mesmo tempo, os desfiles serven para para que os establecementos
do complexo comercial promocionen as súas tendencias en
moda e complementos para a nova tempada primavera-verán.
Para a selección dos concursantes realízanse varios
castings en discotecas e pubs de toda Galicia, mentres que o último
deles celébrase no propio complexo comercial.
Dende a súa primeira edición, no
2002, Top Model Area Central ten acadado un gran interese e repercusión
entre todos os mozos e mozas de Galicia, tras convertirse nun
verdadeiro trampolín de moitos xoves que aspiran a abrirse
camiño no mundo da pasarela, a imaxe e a fotografía.
Consulta a historia do
concurso Top Model Area Central

|