-
Poderán participar no concurso TOP MODEL AREA CENTRAL todas as persoas que o desexen, excluíndo empregados do propio Centro Comercial ou persoal de servizos contratados por un longo período. A idade mínima para participar é de 16 anos, podendo cumprilos dentro do ano correspondente á edición do certame.
Os menores de idade precisarán autorización expresa por escrito, asinada polos seus pais, titores ou representantes legais.
En ningún caso poderán participar as persoas que desempeñen ou desempeñaran anteriormente algún traballo profesional como modelos de pasarela, fotografía ou similar. O xurado valorará positivamente que os concursantes non teñan gañado outros concursos de características similares.
Cada participante deberá presentarse aos castings que a organización considere necesarios para a selección e facilitar canta información sexa requirida para a súa participación con datos exactos e vixentes.
O xurado do certame resérvase o dereito a eliminar a aqueles participantes que non considere aptos para cumprir co fin do concurso: atopar a imaxe de moda do CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL para o período dun ano, podendo resultar o fallo final deserto de non acadarse dita aptitude por ningún dos participantes.
A participación no presente concurso será gratuíta tanto para os participantes como para o Centro Comercial, de xeito que:
A participación non supón carga económica algunha para os participantes, e non impón nin condiciona a adquisición de ningunha clase de produtos ou servizos.
Os/as gañadores/as non percibirán remuneración de ningún tipo pola cesión da súa imaxe nas campañas que se realicen para o Centro Comercial.
O xurado estará composto polos membros que o Centro Comercial Area Central designe, podendo variar os mesmos en cada desfile eliminatorio ou en calquera das fases do concurso.
O xurado encargarase de votar aos participantes a través da súa participación nos desfiles previos á Gala Final, na que intervirán exclusivamente os máis votados nos desfiles eliminatorios anteriores.
Os/as gañadores/as conseguirán ser a imaxe do Centro Comercial Area Central para as campañas publicitarias que se realicen durante o período dun ano, nos soportes e medios que a organización teña previstos.
O fallo do xurado será inapelable.
As imaxes ou fotografías dos participantes tomadas ao longo da totalidade das fases do certame poderán utilizarse en medios de comunicación para a promoción do evento e do propio Centro Comercial Area Central.
A participación no certame, incluídas as súas probas de selección, implica a aceptación implícita das bases do concurso.
A organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflito que puidera derivar da interpretación das mesmas.